InicioCULTURAViñetas desde o Atlántico queda sen o seu director

Viñetas desde o Atlántico queda sen o seu director

Publicada o

Por editor
O debuxante Miguelanxo Prado, director do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico nas súas 25 edicións anuncia que renuncia.
Unha decisión que comunicará oficialmente este xoves nunha rolda de prensa na que informará sobre as causas que o levaron a presentar a súa renuncia como director de Viñetas desde o Atlántico o pasado 23 de marzo.
Desde a Marea Atlántica, trasladaron xa o seu agradecemento a Miguelanxo Prado, “autor recoñecido en todo o mundo polo seu talento e estilo único“, do que afirma que “se implicou a fondo nestas décadas para facer de Viñetas toda unha referencia”.

“Grazas a el puidemos ver na Coruña exposicións e charlas dalgúns dos máis grandes nomes da banda deseñada“, expón nun comunicado no que destaca a presenza na cidade dunha xeración de artistas con “recoñecemento mundial”. Por todo iso, deséxalle “o mellor” na súa nova etapa.

Tamén o BNG trasladoulle o seu agradecemento. “Grazas Miguelanxo Prado por tantas horas e esforzo, por manter durante 25 anos unha cita ineludible na cultura da nosa cidade”, sinala a formación nacionalista que lamenta a decisión e espera que sexa “reversible”.

ÚLTIMAS

As persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

Continúa medrando o proxecto Entre Crebas, que está a convertir ás persoas que cumplen...

54 centros de ensino participarán no Día da Ciencia na Rúa

O Día da Ciencia na Rúa volverá ser unha realidade o vindeiro 4 de...

O Depor activa o modo ascenso

Xornada 33 – Deportivo 2 – 0  Cultural Leonesa Unha semana máis, un...

O Día do Libro celébrase co 150 aniversario de Picadillo, o gran supervendas da cociña

Vai coñecendo a xente da Coruña, e de Arteixo, a historia Manuel Puga y...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here